Galego

Presentación de Tosta en Galiza: Rianxo preparado para acoller o festival itinerante

O Festival Tosta recala en Rianxo despois de itinerar por varias nacións atlánticas. Os días 9, 10 e 11 a diversidade cultural e lingüística estará de festa en Rianxo.

Despois de recalar en Escocia, Gales, Frisia, Irlanda e Cornualles o Festival Tosta chega a Galiza cun amplo programa de concertos e actividades dentro do programa Donostia Capital Europea da Cultura 2016.

  

English, Galego

Cheguei a Irlanda o luns de Pascua. Para este país é unha data moi importante, porque hai xa cen anos que deron o primeiro paso para constituirse como nazón soberana. Tiven a sorte de participar en moitos actos culturais relacionados co centenario: poesía, arte, historia… pero sen dúbida como mellor se coñece a un pobo é escoitando a súa música.

  

Galego

O galego é unha lingua románica. Surxe á volta do século VIII como evolución do latín falado na provincia romana da Gallaecia. Durante a Idade Media a lingua da actual Galiza e do norte de Portugal é a mesma. A progresiva perda de poder político galego e a afirmación dunha identidade portuguesa centrada en Lisboa contribuirán á aparición das primeiras diferenzas (lingüisticamente pouco significativas), acentuadas polos camiños diferentes que toman en séculos posteriores e pola presión que o castelán exercerá sobre o galego.

  
Load more