Galego

Tosta

A Banda Tosta

A Banda Tosta é unha orquestra baseada na diversidade lingüística e formada por músicos e cantantes desde Escocia, Galiza, Frisia, Gales, Cornualles, ao País Vasco e Irlanda. Estes músicos mesturan en comparten raíces musicais rexionais reinventandoas e adaptándoas entre elas.

www.tostabanda.com

Galego

Tosta

O Tosta Guía

Unha proposta práctica para axentes culturais que traballan en proxectos internacionais e que queren promover prácticas respectuosas cara as linguas minoritarias.

O Tosta Guía

Galego

Tosta

O Documental Tosta

O 21 de febreiro de 2017, Día Internacional da Lingua Materna, as sete comunidades que formaron parte do proxecto Tosta, asistiron á estrea simultánea do documental sobre tosta. Un documental sobre como sete pequenas linguas celebran e estimulan a creatividade artística e a diversidade lingüística. Unha homenaxe á diversidade lingüística e cultural en Europa. Director: Jorge Fernández Mayoral.

Galego

Tosta

Socios

Tosta é un proxecto de colaboración entre axentes culturais entre comunidades da costa atlántica de Europa que contan con linguas minoritarias da costa atlántica. Os socios de participantes foron: A Mesa Pola Normalización Lingüistica, San Sebastián de Donostia 2016, Sabhal Mòr Ostaig, Afûk, Euskaltzaleen Topagunea, Ag Cothú Na N-Ealaíon Sa Ghaeltacht e Deputación Da Coruña.

Galego

Tosta

Noticias

O proxecto Tosta veu a luz en múltiples medios das sete rexións. Aquí atoparás tas das noticias respecto do proxecto.

Galego

Tosta

Informe de Avaliación e Informe final

Aquí atoparás todos os documentos que implican o informe e a avaliación do proxecto Tosta.

Galego

Rianxo recibe a Tosta cos brazos abertos

O 9, 10 e 11 de setembro Rianxo acolleu o festival Tosta da diversidade lingüística. A vila de Castelao estaba chea de ambiente festivo pois tamén celebraban as Festas da Guadalupe e o Festival Rock in Rian. Destacou o interese das veciñas e veciños de Rianxo por coñecer a realidade lingüística e cultural de Frisia, Cornualles, Escocia, Irlanda, Gales e Euskal Herria, os países que forman parte do proxecto Tosta.

Euskara, Galego

Frisiako portuan aingura bota eta lau eguneko geldialdia egin ostean, Galiziako kaian izango da Tosta egitasmoa bihartik igandera bitartean, Rock in Rian jaialdiarekin bat eginez. Atlantikoko kostaldeko hizkuntza komunitateetan zehar abiatutako bidaiaren seigarren porturatzea izango da Galiziakoa. Komunitate parte-hartzaileen kultur-truketik sortutako lanez eta jarduerez gozatzeko aukera ezinhobea izango da bertan.

  

Galego

Festas da Guadalupe

AS NOSAS FESTAS
Máis de cento cincuenta anos de tradición e certos elementos senlleiros que fan delas algo máis ca unha verbena popular.

A NOITE MÁIS LONGA
Milleiros de voces cantan a canción galega máis universal, “A Rianxeira”, á luz das bengalas. É o colofón a oito días de festa que se alongan ata o abrente.

PROCESIÓN MARÍTIMA
Os rianxeiros levan a súa Virxe Moreniña a pasear polo mar. A procesión marítima é unha tradición pioneira e con máis de século e medio de historia.

ROCK IN RIAN
“O Festival da Ría”, cada ano unha maior referencia galega do rock e de distintos estilos nunha xornada imprescindible para os amantes da boa música en vivo.

  

Galego

Presentación de Tosta en Galiza: Rianxo preparado para acoller o festival itinerante

O Festival Tosta recala en Rianxo despois de itinerar por varias nacións atlánticas. Os días 9, 10 e 11 a diversidade cultural e lingüística estará de festa en Rianxo.

Despois de recalar en Escocia, Gales, Frisia, Irlanda e Cornualles o Festival Tosta chega a Galiza cun amplo programa de concertos e actividades dentro do programa Donostia Capital Europea da Cultura 2016.

  

English, Galego

Cheguei a Irlanda o luns de Pascua. Para este país é unha data moi importante, porque hai xa cen anos que deron o primeiro paso para constituirse como nazón soberana. Tiven a sorte de participar en moitos actos culturais relacionados co centenario: poesía, arte, historia… pero sen dúbida como mellor se coñece a un pobo é escoitando a súa música.

  

Cymraeg, English, Euskara, Frysk, Gaeilge, Gàidhlig, Galego, Kernowek

We are very happy to present the members of the TOSTA-band to you; an international collaboration full of music! From each of the seven TOSTA-regions there is one band member. Together they are playing at each TOSTA festival organised in all the participating regions. Meet the band!

  

English, Galego

As persoas que vivimos en Galicia, sentimos unha conexión mítica con Irlanda a través da músicaou da cultura. O noso himno galego, remata ca frase “Nazón de Breogán”, e este personaxe estápresente tamén na cultura irlandesa formando parte dos mitos e lendas da tradición celta. Pero estas lendas non son habituais no día a día dos habitantes de Irlanda, e resulta bastante difícil encontrar aalguén que saiba destas historias ou mesmo que saiba onde está situado o noso pequeño país.

  

Galego

Tosta

As comunidades implicadas no Tosta

A illa Tosta consiste en varias comunidades, todas coa súa propia historia, identidade e linguaxe.

As comunidades

Alba – Escocia
As Highlands e as illas de Escocia son unha rexión espectacular e diversificada. Abarcan perto de 15.000 millas cadradas – máis da metade da Escocia – son o fogar dunha poboación de aproximadamente 500.000. O nome gaélico para as Highlands, A’ Ghàidhealtachd, inclúe tradicionalmente tanto as Illas Occidentais como as Highlands e Illas, mais facendo unha distinción coas Lowlands de Escocia. A maioría das illas da costa oeste están habitadas sendo Lewis e Harris as máis grandes e populosas. Cada illa e cada comunidade ten o seu propio e distinto carácter.
Nos últimos 20 anos houbo un rexurdimento do gaélico nalgunhas zonas de Escocia, en grande parte debido á popularidade do gaélico no ensino medio, e cun aumento de falantes nas vilas e cidades das Lowland. Este cambio cultural, especialmente no Central Belt, deu orixe ao termo ‘a grande Gàidhealtachd’, debido á demanda do gaélico no ensino medio, o aumento da confianza na lingua e posta en valor da cultura, da música e das artes gaélicas.

 

Cymru – Wales
Gales é un país que forma parte do Reino Unido. Atópase na illa da Gran Bretaña. É unha das seis nacións celtas, e está ao oeste de Inglaterra, e ao leste do Mar de Irlanda e Irlanda. A capital do País de Gales é Cardiff, coñecido en galés como Caerdydd. As principais linguas faladas en Gales son galés e inglés. Pouco menos de tres millóns de persoas viven en Gales, e a maioría das persoas viven no sur e no leste. Os galeses están moi orgullosos do seu país. As primeiras persoas que se fixeron chamar “Welsh” en Gales foron os celtas, que viviron en Gales despois de que os romanos marchasen no século V.

Gales ten un litoral de 1.680 millas de lonxitude, e todo o país ten unha extensión de 20.779 km2. As montañas máis altas do País de Gales están en Gwynedd, no noroeste, e inclúen Snowdon (Yr Wyddfa), que é o pico máis alto e ten 1.085 m (3.560 pés).

 

Euskal Herria – Euskadi
O País Vasco, como o nome di, é o país dos vascos e do vasco (idioma). Está formado por sete provincias, e está situado entre o Estado español e o francés, no nordeste da Península Ibérica. O mar Cantábrico baña a costa do norte.

O país está dividido en tres áreas administrativas. No Estado español, podemos atopar a Comunidade Autónoma Vasca (que reúne Bizkaia, Araba e Gipuzkoa) e o Goberno Provincial de Navarra. O euskara é oficial na primeira comunidade, mais só nunha parte da segunda. No Estado francés, por outra banda, as provincias de Lapurdi, Baixa Nafarroa e Zuberoa forman parte do departamento dos Pirineos Atlánticos. O euskara non é oficial aquí.

Euskal Herría ten 3.000.000 habitantes. Segundo os datos dispoñíbeis, o 27% da poboación é capaz de falar en euskara e o 14% pode entendelo.

 

Fryslân – Friesland
Frisia é unha provincia dos Países Baixos. Ten unha poboación de 650.000 e unha superficie total de 5.749 km2. A capital e sé do goberno provincial é a cidade de Leeuwarden/Ljouwert que vai ser Capital Europea da Cultura en 2018. A provincia está dividida en 24 municipios e ten once cidades.

Frisia comezou a xurdir lentamente en torno ao 400-200 aC coñecida polos seus outeiros de vivendas artificiais como defensa contra o mar. No inicio da Idade Media, o Reino de Frisia acadou o seu apoxeo, estendéndose a partir do que é agora a Bélxica até o río Weser, en Alemaña, co seu centro de florecente comercio en Dorestad. Séculos máis tarde Frisia perdeu a súa independencia e pasou a formar parte do Reino Unido dos Países Baixos como a provincia de Frisia.

 

Gaeltacht – Irlanda
O termo “Gaeltacht” utilízase para designar as rexións de Irlanda onde a lingua irlandesa é a principal lingua falada por un número substancial da poboación local. O Gaeltacht abrangue extensas partes dos condados de Donegal, Mayo, Galway e Kerry – todos ao longo da costa occidental – e tamén partes dos condados de Cork, Meath e Waterford. Tamén hai seis illas poboadas. A poboación total do Gaeltacht é de 100.716 (censo do 2011). Arredor de 15.300 persoas desa poboación residen nos suburbios de expansión da cidade de Galway.

 

Galiza
Galiza é un territorio situado no noroeste da Península Ibérica. Limitado a norte polo Mar Cantábrico, ao sur por Portugal, ao oeste co Océano Atlántico e ao leste coas comunidades de Asturias e Castela e León.

O territorio administrativo actual de Galiza non se corresponde exactamente coa historia galega. No val do Eo-Navia (Asturias), no Bierzo (provincia de León) e nas Portelas (Zamora) a lingua e a cultura galega segue a sobrevivir hoxe, pero con varios problemas. No val do Xálima (Cáceres, Extremadura) tamén se fala unha variedade de
lingua galega.

A extensión total da Galiza administrativa actual é de 29,574 km2 e a súa poboación actual é de 2.724 544 habitantes. En canto á poboación, paga a pena mencionar a emigración que afectou a Galiza en parte da súa historia e que sobrevive até hoxe. A organización territorial caracterízase pola poboación dispersa e unha estrutura con parroquias e rexións. A capital é Santiago de Compostela.

 

Kernow – Cornwall
Cornualles é a península en forma de corno que fura no Atlántico do suroeste de Gran Bretaña. A palabra “Cornwall” pode ser traducida como “os estraños no corno”- é esa sensación de “estrañeza” ou a diferenza de Inglaterra que tantas veces se usa para definilos. Historicamente as industrias máis importantes foron a minería e a pesca, aínda que ambas diminuíron drasticamente. A poboación de Cornualles é pouco máis de 500.000 e menos do 40% da poboación se autodefinen como córnicos.

Load more