Galego

Rianxo recibe a Tosta cos brazos abertos

Posted on September 13th, 2016

O 9, 10 e 11 de setembro Rianxo acolleu o festival Tosta da diversidade lingüística. A vila de Castelao estaba chea de ambiente festivo pois tamén celebraban as Festas da Guadalupe e o Festival Rock in Rian. Destacou o interese das veciñas e veciños de Rianxo por coñecer a realidade lingüística e cultural de Frisia, Cornualles, Escocia, Irlanda, Gales e Euskal Herria, os países que forman parte do proxecto Tosta.

O respecto e a defensa da diversidade lingüística que representa Tosta tivo por parte de Rianxo e dos galegos e galegas unha boa acollida que se viu plasmada na entrega do público nos concertos da Banda Tosta ou de Oreka TX. Na presentación dos traballos creativos da artista galesa Luned Rhys na súa residencia artística en Galiza e da galega Belén Tajes na súa estadía en Irlanda visibilizouse como a diversidade e o intercambio lingüístico e cultural son unha riqueza. O festival Tosta foi unha festa de defensa da lingua galega e das linguas minoritarias no que a música e o mar tiveron un gran protagonismo.

The past 9th, 10th and 11th September Rianxo received the Tosta festival on linguistic diversity. The town of Castelao was full of festive atmosphere because at the same time, there was the Feast of the Virgin of Guadalupe and the Rock in Rian Festival. It’s remarkable the special interest that showed the locals on the linguistic and cultural reality of Friesland, Cornwall, Scotland, Ireland, Wales and Basqueland.