Galego

Galiza é un territorio situado no noroeste da Península Ibérica

Posted on February 10th, 2016

Galiza é un territorio situado no noroeste da Península Ibérica. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Portugal, ao oeste co océano Atlántico e ao leste coas comunidades españolas de Asturias e Castela-León.


O territorio da Galiza administrativa actual non corresponde exactamente co da Galiza histórica. No val do Eo-Navia (Asturias), no Bierzo (provincia de León) ou nas Portelas (provincia de Zamora) segue a pervivir hoxe a lingua e a cultura galegas, non sen problemas. No val de Xálima (Cáceres, Estremadura) tamén se emprega unha variedade de galego.

A extensión total da actual Galiza administrativa é de 29.574 km2 e a súa poboación actual é de 2.724 .544 habitantes. Canto á poboación, cómpre salientar a forte emigración que afectou Galiza durante parte da súa historia e que pervive hoxe.

A organización territorial caracterízase pola dispersión de poboación e por unha estrutura con parroquias e comarcas. A súa capital é Santiago de Compostela.

Galicia is a territory located in the northwest of the Iberian Peninsula. Bordered to the north by the Cantabrian Sea, southern Portugal, to the west by the Atlantic Ocean and the east with the Spanish communities of Asturias and Castile-Leon.

The territory of Galicia administrative today does not correspond exactly with the Galician history. In the valley of the Eo-Navia (Asturias), in Bierzo (Leon province) or in Portelas (Zamora) continues to survive today the Galician language and culture, but with several problems. In the valley of Xálima (Cáceres, Extremadura) is also used a variety of Galician language.

The total length of the current administrative Galicia is 29,574 km2 and its current population is 2,724 544 inhabitants. As to the population, it is worth mentioning emigration that affected Galicia during part of its history and that survives today.

The territorial organization characterized by dispersed population and a structure with parishes and regions. Its capital is Santiago de Compostela.