Galego

A MESA pola Normalización Lingüística

Posted on February 10th, 2016

A MESA pola Normalización Lingüística é unha asociación cidadá independente e plural fundada en 1986 para defender a lingua galega. Tanto polo seu número de asociados como pola súa actividade é a maior asociación cultural de Galiza e unha referencia social indispensábel no campo da normalización lingüística.

As nosas principais liñas de traballo son promover o uso do galego en todos os ámbitos da vida social, emprendendo iniciativas para sensibilizar a poboación e abrir novas oportunidades de uso da nosa lingua en varios eidos, así como defender os nosos dereitos lingüísticos, denunciando todo tipo de agresións e discriminacións que poida sufrir o idioma galego e loitar para garantir que sexa respectado o dereito ao seu uso individual e colectivo.

A Mesa forma parte de ELEN (Rede Europea para a Igualdade das Linguas).

A MESA pola Normalización Lingüística (Board for Linguistic Standardization) is an independent and plural civic association founded in 1986 to defend the Galician language. Both in terms of its membership and its activities, it is the largest cultural association in Galiza and an essential reference for society in the field of language standardization.
Our principal lines of work are promote the use of Galician language in all areas of social life, undertaking initiatives to sensitize the population and to open new opportunities of use of our language in various fields, as well to defend our language rights, denouncing all kinds of aggressions and discriminations that may suffer the Galician language and ensure that it is respected its individual use and collective.

A Mesa is member of ELEN (European Language Equality Network).